O Complexo de Monterrei terá unha zona con catro tobogáns en 2024

NOVAS E MELLORADAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS DE MONTERREI
photo_camera NOVAS E MELLORADAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS DE MONTERREI
Máis de 22.000 personas desfrutaron da reapertura das piscinas de Monterrei o pasado mes de agosto

Opasado mércores 9 de agosto, o parque acuático do Complexo Deportivo de Monterrei, no concello ourensán do Pereiro de Aguiar, reabría as súas portas ao público co remate das piscinas infantil, relax e de ondas, así como a zona splash, o acceso independente, vestiarios e aseos.

O vicepresidente primeiro e conselleiro da Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado polo secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén visitaron as instalacións o 4 de agosto e anunciaron a apertura das instalacións e comentaron o significado que ten esta actuación. “Viñemos hai un par de meses e manifestamos o noso compromiso con esta obra que era fundamental non so para Pereiro de Aguiar senón para toda a comarca e a provincia. É a maior obra en materia deportiva que ten a consellería en toda Galicia. É certo que houbo atrancos pero como xa manfestamos queríamos poñer a disposición da xente estas instalacións este verán, al menos unha parte. O importante era poñer enriba da mesa todos os instrumentos para lograr esta apertura. Temos que agradecer o esforzo de todos para conseguilo. A nosa aposta segue en pé e a partir do vindeiro verán, estas instalacións serán unha envidía. A mellor parte desta actuación ainda está por vir”, sinalaba Diego Calvo.

Neste primeiro ano da súa reapetura, a entrada foi gratuíta para todo o público, co fin de compensar o feito de que na campaña de verán de 2023 as piscinas abriran de xeito parcial.

No verán de 2024 poderase desfrutar da primeira fase ao completo, o que significará engadir unha nova zona con catro tobogáns.

As obras da primeira fase do parque acuático comezaron en novembro de 2021 coa empresa Proyecon Galicia como adxudicataria. Porén, a crise de subministracións e o conseguinte encarecemento dos materiais de construción provocaron a resolución, en xuño de 2022, do contrato adxudicado e a apertura dun novo proceso, do que resultou adxudicataria a UTE formada por Ogmios Proxecto e Prace Servizos e Obras e que permitiu que o parque acuático de Monterrei abrise as súas portas do 9 de agosto ao 10 de setembro.

Usuarios

Neste período, rexistráronse un total de 22.262 usuarios chegando en varios días da primeira semana ao aforo máximo que estaba fixado en 1.800 persoas. 

Esta primeira apertura estivo independizada do resto da obra, que segue o seu curso de cara a rematar tamén as outras tres fases do complexo acuático. Durante a execución das obras poderanse utilizar en todo momento as instalacións xa existentes ou finalizadas.

A fase 2 disporá a zona de río lento, un vaso que emulará o curso dun río. A fase 3 ocuparase dos tobogáns de adrenalina tipo ‘kamikaze’ con ata 11 metros de diferencia de cota. A fase 4 levará a cabo un parque aventura con elementos lúdicos entre as árbores do recinto.

O proxecto de reforma do novo complexo lúdico-deportivo de Monterrei nas súas catro fases conta cun orzamento inicial de máis de dez millóns de euros.

Te puede interesar