CONCELLO | FORMACIÓN

Aberto o prazo para anotarse no programa Erasmus+

Os participantes deberán ter entre 15 e 29 anos e teñen de prazo para anotarse ata o día 8 de febreiro

Dende este xoves estará aberto o prazo para que aqueles que estén interesados se anoten no proxecto Erasmus+ que desenvolve o Concello de Ourense coa colaboración da CEO e a London Business Parthership Limited británica. No programa partiparán 55 mozos (27 de Reino Unido e 28 de Ourense). O prazo permanecerá aberto ata o mércores día 8 de febreiro de 2017 na Concellería de Xuventude do Concello de Ourense ou a través do enderezo [email protected].

O obxectivo é promover un intercambio unilateral de mocidade británica e ourensá durante cinco días, do 11 ao 18 de febreiro, e no que que compartirán o seu coñecemento e experiencias en torno ás necesidades sociais dos seus respectivos países. Ademais, visitarán empresas de economía social e participarán no programa Meccano of Social Initiatives

A CEO porá a disposición o seus contactos de empresas lideradas por mozos, co fin de facilitar encontros ou visitas que enriquezan o intercambio. 

Perfil dos participantes

Os participantes deben ser mozos (15/29 anos) cunha idea de negocio que dea resposta ás necesidades sociais da súa contorna ou que, sendo estes xa emprendedores, queiran aprender sobre as empresas de carácter social. Un 60% dos xoves que participen deberán ter entre 24 2 29 anos e un grado universitario ou ciclo superior

Os participantes no programa terán incluídas comida e cea durante os días que se leve a cabo este programa.

Te puede interesar