O Concello aproba as bases do Concurso de Entroido 2017

Ourense. 2-02-2017. Rueda de prensa del alcalde tras la Xunta de Goberno. Paz
photo_camera El alcalde de Ourense informa a los medios de los temas tratados en la junta de gobierno.

O prazo de inscrición de comparsas remata o martes, 21 de febreiro, ás 14,00 horas. Haberá un premio de 600 euros para o Rei ou Raíña da Festa.

A xunta de goberno deste xoves tamén aprobou as bases e a convocatoria do Concurso de Entroido 2017, que contará cun orzamento de 16.000 euros.

O prazo de inscrición de comparsas remata o martes, 21 de febreiro, ás 14,00 horas. Haberá un premio de 600 euros para o Rei ou Raíña da Festa.

Os galardóns para as comparsas de máis de 10 compoñentes repartirán 2.100 euros: 900 euros para o vencedor; 700 para o segundo clasificado e 500 euros para o terceiro.

As de menos de 10 compoñentes repartirán 900 euros (400, 300 e 200, respectivamente). Haberá galardóns de 300 euros para as comparsas máis numerosa, graciosa e con mellor animación musical e 600 euros en premios para as carrozas.

Tamén se repartirán axudas económicas de diferente contía para as comparsas, segundo o seu número de compoñentes.

Vázquez tamén informou sobre a aprobación do servizo de teleasistencia a Cruz Vermella, polo prezo de once euros por terminal ao mes, ao ser "a oferta máis vantaxosa" e "cumprir con todos os criterios dos pregos" de condicións.

Te puede interesar