OBRAS

O Concello destina máis de 1'6 millóns para obras en diferentes puntos da cidade

Santa Cruz e Rairo son algunhas das zonas que recibirán presuposto para realizar obras de diferentes índoles

Esta mañá o concello de Ourense aprobou a adxudicación de dez obras en diferentes zonas da cidade. Segundo palabras do propio alcalde, Jesús Vázquez, estas obras implican "actuacións moi importantes e demandadas pola cidadanía de Ourense".

A pavimentación da rúa San Jerónimo de Rairo, o acondicionamento das vías da urbanización de Monterrei e a instalación dunha depuradora en Calvelos, Santa Cruz, son algunhas das obras que se poderán levar a cabo gracias a esta dotación de diñeiro.

Unha das zonas que máis presuposto recibirá é Rairo, onde se destinan 584.000 euros para a urbanización da rúa Antolín Losada e a prolongación Bieito Amado.

Ademais destas obras, tamén se renovarán as instalacións de auga quente que van dende o pavillón dos Remedios ata a fonte das Burgas, cun importe total de 212.000 euros.

Te puede interesar