TRÁFICO

O Concello inicia un proceso de participación aberto á cidadanía para responsabilizar na mellora da mobilidade na cidade

ara a dirección do proceso constituiuse unha comisión técnica formada por membros dos catro grupos políticos con representación no Concell

O Concello de Ourense inicia un proceso de participación plural, aberto a toda a cidadanía, co obxectivo de corresponsabilizar aos cidadáns na mellora da calidade ambiental, da mobilidade, da pacificación do tráfico e a integración da bici no casco urbano.

Para a dirección do proceso constituiuse unha comisión técnica formada por membros dos catro grupos políticos con representación no Concello, técnicos municipais e o equipo redactor.

Dito proceso será dirixido pola consultura de Urbanismo e Arquitectura Urba+, que no día de hoxe realizou a primeira exposición ante a Mesa da Mobilidade para explicar en qué consiste o proceso e invitar a participar nel, xa que a implicación cidadá é necesatia para poder consensuar un novo modelo de mobilidade en ourense.

Na exposición realizada descríbense as distintas fases, ferramentas e mecanismos do proceso a desenvolver, que consistirán en charlas formativas, obradoiros de traballo, enquisas e recollida de datos coas achegas de todos aqueles cidadáns implicados no proceso. “O que se busca é un modelo de mobilidade sostible para o futuro da cidade e o consenso de todas as formacións políticas”, manifestou o concelleiro José Araújo”, que n valorou a xuntanza de xeito positivo.

Te puede interesar