O Concello manten os prezos do 2009 nas piscinas

O Concello de Ribadavia prevé para o próximo 30 de xuño a apertura ao público das instalacións das piscinas municipais. Os usuarios poderán facer uso delas en horario de mañá, de 11 á 14.30 horas, e de tarde, de 16.30 á 20.45 horas. Estas instalacións, situadas na área recreativa da Veronza, manteñen os seus prezos respecto á anterior tempada.
A entrada diaria para os xóvenes, ata 18 anos, será de 90 céntimos e os adultos deberán pagar 1,80 euros. En canto os bonos de tempada, fixáronse 12 euros para xóvenes e xubilados residentes en Ribadavia, mentras que os adultos pagarán 24 euros. O prezo para os non residentes será no primeiro caso de 20 euros e no dos adultos de 35 euros. Asemade, a escola de natación disporá de 60 plazas.

Te puede interesar