OURENSE

O Fogar do Transeúnte terá máis actividades formativas

Esta entidad registró un total de 2.373 pernoctas de enero a julio de ese año

O Concello de Ourense reforzará e ampliará os servicios prestados no Fogar do Transeúnte. Ademais das pernoctacións, os almorzos, ceas, duchas, servizo de lavandería e vales para o comedor social, o Concello porá en marcha actividades formativas polas tardes, sobre todo referidas á axuda psicosocial.

Dende Asuntos Sociais se propiciará tamén a colaboración de entidades sociais que traballan con grupos vulnerables para que desenvolvan alí accións de dinamización e concienciación. Do mesmo xeito, durante as tardes, as actividades formativas que actualmente se están levando a cabo (dúas horas diarias) se incrementarán sustancialmente, pasando a desenvolverse tres horas en quenda de mañá e outras tres pola tarde. Complementando a estas accións, a Concellería de Voluntariado contribuirá coas labores de acompañamento e asistencia de persoas en risco de exclusión social e usuarios destas dependencias. Tamén se creará un pequeno economato con precios simbólicos e un servizo de gardarroupa básico.

Así o puxo de manifesto a concelleira responsable da área Social, Sofía Godoy que, en compañía do alcalde, Jesús Vázquez, realizou unha visita a estas instalacións.

No tocante ás cifras que manexa a concellería referidas a estas dependencias, o Fogar do Transeúnte rexistrou de xaneiro a xullo deste ano 2015 un total de 2.373 pernoctacións, cunha media diaria de ocupación de 11,19 persoas.No tocante ao número de usuarios, foron 314, dos casi 275 foron homes (87,58%) e 39 mulleres (12,42%). En canto á nacionalidade, 229 foron españois (72,93%).

Deste total de usuarios, 138 deles (43,94%) acudían ó Fogar do Transeúnte por primeira vez. Os outros 176 (56,05%) xa estiveran rexistrados con anterioridade nestas dependencias.

Te puede interesar