TRANSPORTE

O Concello pide a Novagalicia Banco que emita as tarxetas de autobús para parados

O Pleno do pasado venres aprobou por unanimidade a modificación da ordenanza fiscal nº 28, que permite que as persoas desempregadas da cidade podan viaxar gratuítamente no servizo de autobuses urbanos

Cumpridos os trámites administrativos precisos por parte do Concello de Ourense, coa aprobación definitiva, no Pleno do pasado venres, da modificación da ordenanza fiscal nº 28 e cumpridas, por parte da empresa Urbanos de Ourense as adaptacións técnicas necesarias para polo en marcha; o goberno municipal conmina á entidade Novagalicia Banco a que cumpra coa súa obriga, e estableza os cambios necesarios para levar á práctica a medida adoptada.

Os trámites administrativos completaronse o pasado venres, coa aprobación en sesión plenaria, por unanimidade, da modificación da ordenanza fiscal nº 28, reguladora da taxa pola prestación do servizo de transporte urbano colectivo de viaxeiros, que permitirá que as persoas desmpregadas da cidade podan viaxar gratuítamente no servizo de autobuses urbanos.

Tal e como establece o convenio asinado o 18 de maio de 2006 pola empresa concesionaria do servizo municipal de autobuses coa entidade financieira, é obriga da mesma por en marcha as diferentes tarxetas deste servizo. Unha vez completada a tramitación do acordo plenario, as novas tarxetas deben comezar a expedirse, polo que é preciso que Novagalicia Banco cumpra coas súas responsabilidades, e estea en disposición de comezar a expedilas.

Te puede interesar