Ourense

O Concello de Taboadela mellorará o seu alumeado público

Ourense

Concello

O Concello de Taboadela mellorará o seu alumeado público

Esperan aforrar entre un 60% e un 70% da factura eléctrica grazas á instalación de luces led, máis eficientes

O Ministerio para a transición ecolóxica e o reto demográfico acaba de conceder ao Concello de Taboadela, a través do Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía (IDAE),

unha subvención para a execución do proxecto "Renovación do alumbrado público exterior no municipio de Taboadela". 

O presuposto desta intervención ascende a 268.000 euros, dos cales o IDEA sufragará o 80% e o Concello de Taboadela se encargará de aportar o 20% restante. 

EFICIENCIA ENERXÉTICA

Desde a corporación municipal celebran o que consideran unha "aposta pola redución do consumo eléctrico e pola eficiencia enerxética, que acadou onte un paso máis".

Esta iniciativa súmase á dotación de enerxía solar na depuradora do Amendo e o cambio das luminarias do pavillón por luces LED. 

Así, onte foi concedida unha subvención para renovar as luces do concello "na que estábamos traballando desde o inicio ao ser moito máis eficientes enerxéticamente, o que nos permitirá aforrar un 60-70% na factura elétrica", explica o alcalde de Taboadela, álvaro Vila Araújo, que busca reducir o consumo de luz no municipio.