DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

‘Conecta Ourense' invita aos concellos do entorno

O vicepresidente Pumar reuniuse con responsabeis dos 8 municipios.

A Deputación de Ourense invitou formalmente onte, nunha reunión aos concellos do espazo metropolitano de Ourense a participar no acordo pechado entre a institución provincial e o Concello da capital, para poñer en marcha un plan de desenvolvemento urbán sostible, a "Estratexia Conecta Ourense (ECOU)". Así o confirmou o vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, Jorge Pumar, que se reuniu con alcaldes e concelleiros do espazo metropolitano. Tralo encontro, Jorge Pumar destacou que "este proxecto é unha mostra máis do compromiso de cooperación da Deputación na captación de investimentos e proxectos en beneficio dos pequenos concellos, os cales por si mesmos non poderían chegar a eles".

A iniciativa parte dunha estratexia de ámbito provincial e fixa a súa zona de intervención nos municipios de Ourense e da súa área metropolitana, Amoeiro, Barbadás, Coles, O Pereiro de Aguiar, Punxín, San Cibrao das Viñas e Toén.

A delimitación da área urbana funcional a efectos da estratexia definida estableceuse en función dos problemas urbanos que comparten a cidade e os concellos que a rodean. Os oito municipios teñen ante sí retos urbanos compartidos cuxa solución pasa por unha actuación conxunta, coordinada e integrada.

As actuacións desenvolveranse en varios puntos dos concellos. Trátase de actuar, di Pumar, nos que teñen potencial para solucionar os problemas identificados, así como naquelas zonas que actúen como vínculos, tanto entre as diferentes partes da zona de intervención como entre esta e o resto da provincia.

Te puede interesar