O Consorcio de Incendios ponse en marcha o día 1 de febreiro

<p></p>
photo_camera Instalacións do Grupo Municipal de Emerxencias existente no Carballiño.

No mes de xuño estará operativo o demandado parque que abarcará as comarcas de Carballiño e Ribeiro 

O Consorcio Provincial de Incendio botará a andar o próximo día 1 de febreiro, segundo confirmou onte o seu presidente, Pablo Pérez, trala sinatura do contrato de concesión do servizo á empresa Veicar, despois de que se desestimara un recurso interposto por unha das empresas participantes no concurso diante do Tribunal de Recursos Contractuais. Esta decisión avala, segundo Pablo Pérez, o bo facer dos técnicos do Consorcio Provincial de Incendios.

O comezo da actividade deste Consorcio pon así mesmo enmarcha o Parque de Bombeiros de Carballiño-Ribeiro, unha vella demanda desta comarca. Segundo Pablo Pérez, este Parque será unha realidade no vindeiro mes de xuño. Como pasos previos, a partir do próximo día 11 de febreiro comezará o proceso de selección do persoal que se ocupará destas instalacións e o anuncio da convocatoria xa foi publicado no Boletín Oficial da Provincia.

A convocatoria foi realizada para cubrir un total de 31 prazas nos parques de bomberos da provincia. Dúas das prazas de bombeiros son para o parque de Valdeorras e unha para o parque de Verín. As restantes asignaranse ao futuro parque de bombeiros o Carballiño-Ribeiro e inclúen 1 xefe de servizo, 6 xefes de turno e 11 bombeiros. A maiores, a convocatoria do Consorcio inclúe a selección doutras dez prazas de bombeiros en situación de bolsa laboral.

Deste xeito cubrirase a precariedade coa que se están a atender os sinistros de incendios que se producen na comarca de Carballiño, un servicio do que se fai cargo nestes momentos o Grupo Municipal de Emerxencias, que está financiado íntegramente polo Concello carballiñés e que ten contratados a un total de once traballadores.

Despois do proceso de selección, os participantes que sexan seleccionados farán un curso de formación, cunha duración de catro meses, impartido pola empresa concesionaria do servizo.

Te puede interesar