As contas de San Cibrao medran un 9%, ata os 7,1 millóns de euros no 2024

O pleno municipal de onte.
photo_camera O pleno municipal de onte.
Os 11 votos a favor do grupo de goberno deron luz verde ao orzamento

O pleno do Concello de San Cibrao aprobou onte o orzamento municipal para o 2024 cos 11 votos a favor do grupo de goberno, liderado pola popular Marta Nóvoa. As contas ascenden este ano aos 7,1 millóns de euros, un crecemento dun 9% respecto do ano pasado, o que representa unha cantidade de case 600.000 euros.

“Trátase dun novo orzamento que contempla as dotacións axeitadas e suficientes para facer fronte aos gastos, tanto para o funcionamiento dos servizos municipais como para mellorar a calidade de vida dos veciños”, asegurou a alcaldesa, Marta Nóvoa. A primeria edil afirmou que taméns e contempla a subida de prezos, “respectando así o principio de transparencia”. Ademais da subida para gastos municipais, non se van incrementar os impostos aos veciños, “pois non se actualizou a subida do IPC en ningunha cantidade a pagar polos cidadáns”.

Así, o goberno local afirma que, con estas contas, pretende “manter unha estabilidade, sen descoidar ningún ámbito municipal”, ao tempo que aproveitaron para lembrar que San Cibrao non ten ningunha débeda.

Analizando as contas, a partida máis importante é a de gastos correntes e servizos, que representa o 61% dos presupostos. Neste apartado destaca a partida de servizos sociais, que ascende aos 1,2 millóns de euros e que sube un 15% respecto do ano pasado. Na conta das inversións reais, contan con 591.000 euros, contemplando accións como mellora e construción de camiños e outras infraestruturas municipais como parques infantís ou instalacións deportivas. No caso dos gastos de persoal, ascenden aos 1.879.000 euros, un 26% do orzado.

Te puede interesar