O Correlingua deixou abraiada á Praza Maior de Ourense

Arredor de 1.200 rapaces e rapazas pasaron onte pola Praza Maior para botar a lingua fóra, como colofón do Correlingua

Os alumnos de educación infantil, primaria e secundaria da provincia cantaron, xogaron e gozaron co Correlingua en galego por toda a cidade

Nunha mañá en que madrugar pagou a pena, os máis pequenos concentráronse primeiro no Auditorio Municipal. Alí, os estudantes de 2º e 3º do CEIP O Couto gañáronse os corazóns do público entoando dúas cantigas.  Os de secundaria faríano máis tarde cunha actuación de “break-dance” e tamén os grupos Run Run e Cuarta Xusta.

O que máis emocionou ós nenos foi a Camiñada Pola Lingua: nela os cánticos reivindicativos inundaron as rúas. A marcha estivo organizada en dúas quendas que remataron na Praza Maior para o mellor da xornada: unha  competición de xogos que contou cos mellores tiradores de corda do mundo.

Te puede interesar