Cortegada instalará 92 novos puntos de luz de aforro enerxético

O Concello de Cortegada está a levar a cabo a instalación de 92 puntos novos de luz na parroquia de Louredo, con lámparas led, que pola experiencia das 200 xa instaladas anteriormente neste municipio, supón un aforro do 80% na factura de gasto eléctrico do concello.
'Síguese apostando pois por este sistema de aforro enerxético co obxectivo de que nun par de anos a totalidade das parroquias de Cortegada estén dotadas deste sistema, que unidos aos 200 puntos de doble nivel xa instalados no casco urbán de Cortegada, supuxeron un aforro dun 20%, a pesares das continuas subidas da tarifa eléctrica', matizan as autoridades locais.

Te puede interesar