ENTREVISTA

José Araujo: “Creo que a oposición será intelixente e colaborará, é o que a xente demanda”

Ourense. 17-06-2015. Fotos entrevsita a José Araujo. José Paz
photo_camera José Araújo Fernández, na Concellería de Infraestructuras.

 O novo concelleiro de Infraestructuras, Medio Ambiente, Limpeza e Perímetro Rural, ao que suma Parques e Xardíns, Servizo Eléctrico e Transporte Público, pecorreu o parque de Montealegre

 O novo concelleiro de Infraestructuras, Medio Ambiente, Limpeza e Perímetro Rural, ao que suma Parques e Xardíns, Servizo Eléctrico e Transporte Público, comezou onte a xornada contra as 7,15 da mañá, para percorrer co capataz o parque de Montealegre, e manter logo unha reunión co persoal de Medio Ambiente, acudir a Persoal para tramitar peticións sobre o servizo ambiental; subir a Rairo polo arreglo dun camiño e voltar cara a Farixa para supervisar unha reparación. A media mañá estaba de volta na Concellería de Infraestructuras, nun despacho aínda vacío que non sabe se el ocupará, porque ten outro en Medio Ambiente.

Maratonianas serán as súas xornadas con tanta competencia e que queda por facer. Qué deficiencias detecta?
A verdade é que Montealegre sorprendeume polo ben que está, igual que me teñen moi preocupado as zonas verdes e o estado da limpeza, os primeiros problemas que detectei nestes días. Claro que teño un pouco de vértigo porque son mil cousas ó día. E aínda farei con tódolos xefes de servizo as peticións que lles faremos á Deputación. Pero, sobre todo, non me gusta o estado no que están as zonas verdes, hai pouca xente traballando, por eso pedín xa aos xardiñeiros que están noutros departamentos que volvan ao seu posto. Tería que haber más de 50 xardiñeiros pero só hai 12.

Cales serán, pois, as súas prioridades inmediatas?
Atopámonos que hai que sacar xa a concurso o novo pliego de condicións do transporte urbano; o servicio de Parques concesionado está en precario, cunha prórroga cuestionada e que hai que quitar adiante. E todo eso refléxase no estado dos xardíns, non hai máis que ir ó que está entre as pontes Romana e do Milenio. Tampouco funciona o servizo de recollida de basura e limpeza. Xa falei cos vixiantes municipais e dinme que a empresa ten moitos incumprimentos, polo que me reunirei con ela para solucionar o tema xa. A xente está a pagar moitísimo máis que hai anos e non ten un bó servicio.

É vostede o responsable do Plan de inversións, que apenas está executado. Por onde vai comezar?
Hai que facer modificacións presupuestarias po. Hai que executar ese plan de inmediato, centrar a limpeza, axeitar as ribeiras termais, que a xente note que están cuidadas as zonas onde hai máis afluencia de xente. E pediremos a outras administracións que coiden glorietas, parterres ou medianas, que son da súa competencia.

Para cando a rúa Concejo?
Foi o primeiro do primeiro que preguntou o alcalde, como  o da limpeza. Por eso, o proxecto irá xa á vindeira xunta de goberno ou á seguinte.

E a solución para os contedores soterrados?
Eso require unha inversión cuantiosa, pero é un asunto que debo falar coa empresa da limpeza. Pero insisto, ao marxe desto, quero que se note un cambio inmediato coa nosa xestión, tamén na limpeza.

Que modelo de parque quere para Montealegre?
Está nunha indefinición pero as persoas que traballan alí pensan que o camiño é que sexa un lugar especial, un xardín especial, capaz de albergar moitas actividades. O problema é que se vendeu mal, cunhas expectativas que despois non se cumpriron e onde se fixo un gasto desorbitado; e eso si que me preocupa. Pero é un espazo importante e imos mantelo nas mellores condicións, respetando a imaxe corporativa aprobada polo anterior goberno. Poderano utilizar tódolos cidadáns, o nome é o de menos.
Leva tamén o departamento de augas e saneamento. Que obxectivos se marca nese servicio?
Hai que optimizar o abastecemento e saneamento, sobre todo este último, porque aínda hai pobos e casas que carecen de alcantarillado, tentando chegar a acordos con outras administracións.

Cre que ten asegurado realmente o respaldo decidido da Xunta e do Estado, coa Deputación xa se concretou?
A ministra de Fomento xa prometeu máis visitas...

Pero fará falla algo máis.
Si. Esperamos que veña o respaldo, da Xunta tamén. Ten moitas ventaxas o feito de que sexamos a única cidade galega gobernada polo PP.

Detecta colaboracíón e apoio dos funcionarios?
Voulle dicir o que lle prantexei, que os vou defender pero quero que fagan o seu horario escrupulosamente, vou tentar cambiar a mensaxe negativa sobre eles pero teñen que poñer esforzo pola súa parte.

Ve puntos de encontro, por outra parte imprescindibles nun goberno en minoría, coa oposición?
Teño claro que pola nosa parte imos falar con eles, presentarlles toda a nosa xestión e negociar para chegar a acordos. Esta situación danos moito máis traballo pero vai ser productiva para a cidade. Eles teñen que ver que papel queren xogar; supoño que serán intelixentes e colaborarán, é o que a xente está a demandar.

Cae nas súas competencias o Centro de parques naturais?
Non o sei pero teño claro que nunca se debeu facer a carón da zona termal. Agora hai que buscarlle solución e utilidade.

Está dacordo cos fondos que ten para tanta competencia?
Non, non hai un can. Gastouse pero non me atrevo a criticalo.

Te puede interesar