Cruz Vermella Ourense terá 4,8 millóns de presuposto para o 2023

Ourense. 12-03-15. Local. Voluntarias de cruz Vermella.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Foto de archivo de Cruz Vermella. Foto: Xesús Fariñas

O Comité Provincial de Cruz Vermella en Ourense aprobou o seu orzamento para 2023, con 4,6 millóns. Un dos temas fundamentais da intervención de Felipe Ferreiro ante o Comité Provincial foi a posta en marcha do Plan Cruz Vermella Reacciona, lanzado no pasado mes de setembro para dar unha resposta directa a crise. “A situación actual provoca que moitos fogares estean atravesando grandes dificultades para atender as súas necesidades básicas, especialmente en vivenda, alimentos, electricidade e gas. O incremento progresivo dos prezos pode chegar a convertilos en inaccesibles para los fogares máis vulnerables”, indicou o presidente de Cruz Vermella Ourense. Atenderon máis de 7.300 persoas na área de inclusión social e fixeron máis de 8.300 entregas de axudas económicas en 2021. 
No balance subliñaron a atención a máis de 320 refuxiados, a maioría de Ucrania.

Por último, Felipe Ferreiro agradeceu a implicación dos presidentes comarcais, das administracións públicas, do tecido empresarial e dos máis de 3.100 voluntarios na provincia.

Te puede interesar