CxG pecha as súas eleccións primarias
en Ourense

Compromiso por Galicia afronta a recta final das eleccións primarias abertas a toda a cidadanía ourensá, para que xunto cos afiliados e simpatizantes puideran escoller ao cabeza de lista desta formación para as vindeiras Eleccións europeas de maio de 2014. Este proceso de primarias para escoller ao candidato de CxG conta coa novidade de que puideron presentar candidaturas tanto afiliados, como simpatizantes ou persoas alleas ó partido.

A culminación do proceso de primarias abertas será o vindeiro sábado 22 de marzo de 2014 en Ourense, no Local de CxG situado na Avenida da Habana, 57, entrechán. Será na Cidade das Burgas onde se habilitará dende as 10,00 horas ata as 14,00 horas o derradeiro colexio electoral, logo de quese abrisen outros seis colexios electorais en toda Galicia.

Te puede interesar