POLÍTICA LOCAL

CxG pon Maceda como exemplo de boa xestión

Mosquera: "CxG quere impulsar a plena autonomía municipal, recortada pola actual lei da administración local”

Os principais cargos institucionais e orgánicos de CompromisoXGalicia reuníronse onte no Castelo de Maceda, no marco da II Xornada de Política Municipal, no que se puxeron as bases da idea de país e o proxecto de Concello que a formación nacionalista teñe de cara as seguintes eleccións municipais de 2019.

Ao longo de toda a mañá analizáronse ponencias referidas ao programa, por parte de Daniel Lago Leirós; a ponencia xurídica, por Xosé Mosquera Casero; a de política municipal, que protagonizou Xabier Oviedo, alcalde de Maceda dende 2007 a 2015, ou a relativa a lei de bases de réxime local, que presentou Peru Bazako do PNV que é viceconsejero de relacións institucionales de Euskadi: réxime xurídico local de Euskadi e lei de bases de réxime local.

Por outra banda, José María Cazalis, senador do Partido Nacionalista Vasco, ofreceu unha charla sobre o poder autárquico e o municipalismo en Euskadi, e Piñeiro Docampo, secretario xeral da formación galeguista, falou de "Idea de País, proxecto de concello".

Entre as principais conclusións do encontro, CxG destacou a acción de Xabier Oviedo como "exemplo para a acción electoral nos concellos do país, poñéndose ó servizo da xente, nunca a xente a servizo dos partidos".

Xosé Mosquera sinalou que CxG quere impulsar de novo "a plena autonomia municipal, fortemente recortada pola lei de Racionalizacion e Sostenibilidad da Administracion Local". Engadiu que Compromiso "pula por unos concellos fortes o servizo dos veciños".

Piñeiro Docampo, secretario xeral dos galeguistas, manifestou, pola súa banda, que CxG traballará para que "teñamos en Galicia unha Lei Municipal propia de réxime local, por débeda histórica e porque temos competencias".

Para o secretario xeral "está é a única forma de que os concellos teñan a autonomía que marca a carta europea de autonomía local".

Te puede interesar