Davila pide Fomento que aclare supresión servizos ferroviarios Vigo-Ourense

A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, rexistrou unha pregunta parlamentaria na Cámara para pedir ao Ministerio de Fomento que aclare se ten previsto suprimir 14 servizos ferroviarios entre Vigo e Ourense.
Na iniciativa Davila alude ao Plan de Racionalización de Servizos Ferroviarios que podería supor, di, a eliminación de 14 servizos ferroviarios entre Vigo e Ourense.

A deputada nacionalista censura, nun comunicado, que Fomento 'se decidise polo camiño da privatización ferroviaria, procurando deixalo nas condicións máis óptimas para garantir que sexa un gran negocio'.

Por iso, pregunta ao Ministerio de Fomento se está nos seus plans suprimir 14 servizos ferroviarios entre Vigo e Ourense, e se para compensar a eliminación de servizos de tren se van incrementar as paradas dos trens de longa distancia.

Xa que en Galicia non hai proximidades, Davila pregunta 'a que se debe que se pretenda eliminar o único servizo de ferrocarril de comunicación interior de media distancia?'.

Te puede interesar