A defensa da lingua marcou os actos nas principais vilas

A plataforma cidadá 'Queremos Galego' reuniu onte á aproximadamente 25 persoas no Paseo do Malecón. O acto, organizado de forma simultánea con outras localidades, reivindicou o idioma galego e nel interviron a coordinadora da Mesa pola Normalización Lingüística en O Barco, Susana Méndez, e o poeta valdeorrés Xosé Rodríguez Ferrer. Pola tarde, a formación nacionalista BNG depositou un ramo de flores diante da estatua de Castelao.
Na vila cabeceira de comarca do Ribeiro o Día das Letras Galegas celebrouse cunha lectura continuada de textos de Lois Pereiro, recibindo os participantes como agasallo un libro do homenaxeado. Ademais, o contacontos Bardo Abelardo actuou na Praza Maior, despois da concentración prevista na defensa da lingua. A programación completouse cunha exposición de libros en galego e agasallos para os visitantes.

No Carballiño, foron os da plataforma 'Queremos Galego' os que organizaron un recital poético e musical, no que participaron veciños, representantes de asociacións culturais, e alumnos e profesores de distintos centros.

Te puede interesar