Un depósito de 100.000 litros dará auga a pobos de Muíños

Unha nova depuradora composta por un decantador e dous filtros biolóxicos tratará as augas residuais de 250 habitantes do municipio de Muíños, que se fará cargo da xestión destas instalacións tra-la súa entrega por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
A execución do proxecto supuxo un investimento superior ós 178.000 euros por parte do citado departamento autonómico, a fin de dotar ó núcleo de Prado de infraestruturas de saneamento e abastecemento das que ata o momento carecía.

As obras consistiron na construción dun depósito de 100.000 litros de capacidade á beira do depósito existente en As Veigas, co obxecto de abastecer á mesma poboación que ata agora, e ademais, cubrir as deficiencias do depósito de As Pedriscas, sobre todo en época estival, tal e como suliñaron fontes da Consellería.


CAPTACIÓNS

Dende Medio Ambiente engádese que as obras 'mellorarán os sistemas de saneamento e abastecemento dos veciños de Prado', xa que ata o momento recibían o suministro da auga de dous depósitos de auga de 20.000 litros de captacións diferentes.

Te puede interesar