A Deputación activará políticas ambientais e de aforro de enerxía nos concellos

Moisés Blanco, vicepresidente da Deputación de Ourense, anunciou durante a IV Asamblea da Rede Española de Cidades polo Clima, que o ente provincial impulsará políticas de aforro enerxético así como a implantación da biomasa e da enerxía solar ‘para facer do entorno un ámbito sostible e combater o cambio climático’.
A aplicación na provincia de políticas medioambientais vénse poñendo de manifesto en proxectos naquelas actuacións relacionadas coas enerxías renovables. De feito, a Deputación conta con dúas instalacións fotovoltaicas sobre cuberta, unha cunha potencia de 20 kw na nave de maquinaria do polígono de San Cibrao, e outra cunha potencia de 30 kw na nave do servizo de augas e medio ambiente de Xinzo de Limia. Asemade, estase a valorar a instalación de centros de transformación de biomasa, e impulsando un estudio en conxunto coa Universidade de Vigo sobre enerxía xeotérmica para resolver os problemas de calefacción no Paco Paz.

Te puede interesar