A Deputación entregou xa 250 composteiros en nove concellos

A participación no programa de 'Compostaxe doméstica' acadou xa os 49 concellos participantes despois de que na presente campaña 250 composteiros foran entregados nos nove municipios participantes: O Carballiño, Castrelo de Miño, Punxín, Rairiz de Veiga, A Rúa, Rubiá, A Veiga, Viana do Bolo e A Bola.
Este programa, que xorde do convenio de colaboración asinado entre a Deputación e Sogama, logrou que todos os concellos adscritos delegaran no seu momento na institución provincial a recollida de residuos urbanos.

Segundo os técnicos, os resultados obtidos trala primeira visita de seguimento realizada durante os meses de xullo e agosto ao 78% dos fogares participantes foron positivos. Ademais, as entrevistas enquisas efectuadas aos usuarios acadaron a conclusión de que as familias mostraron un elevado interese nesta iniciativa.

Entre os problemas detectados no proceso da compostaxe, déronse casos illados de malos cheiros pola mala aireación, exceso de humidade ou a presenza de insectos. Polo demais, a ubicación dos composteiros foi a correcta, situándoos case sempre na horta e en zonas sombrías e con poucas horas de sol directas.

A entrega destes composteiros realizouse despois dunha xornada formativa e divulgativa. Os veciños participantes contan en todo momento co asesoramento oportuno e obterán grazas a estre proceso un abono natural de alta calidade para ser aplicado sen restriccións.

Te puede interesar