A Deputación de Ourense dá luz verde a axudas á cultura

Deputación de Ourense.
photo_camera Deputación de Ourense.
A xunta de goberno da Deputación de Ourense, na súa reunión ordinaria semanal que tivo lugar onte, aprobou mobilizar un total de 176.000 euros

Este importe de axudas vai adicado a entidades e actividades culturais da provincia, así como para Cruz Vermella Ourense, cunha achega de 30.000 euros destinada a gastos de funcionamento e actividades desta entidade asistencial.

O resto de axudas aprobadas  foron destinadas ao Concello de Xinzo de Limia para a Festa do Esquecemento (13.000 euros) e ao Concello de Rairiz de Veiga para a celebración da Romaría da Saínza (16.000 euros)

No que respecta a achegas para gastos de funcionamento de diferentes entidades culturais, á Asociación Musical de Trasmiras concedéronselle 17.000 euros; á Real Academia Galega a axuda será de 25.000 euros; a Fundación Otero Pedrayo percibirá unha achega de 35.000 euros; á Agrupación Coral de Ruada destínanse 26.000 euros, e, finalmente, para a Fundación Vicente Risco a axuda será de 14.000 euros.

Te puede interesar