QUEBRATAMENTO

Detido en Ourense en relación cun delito de violencia de xénero

Actualmente a Policía Autonómica ten asignada a protección dun total de 219 vítimas de Violencia de Xénero.

Axentes da Policía Autonómica de Ourense Coruña informaron hoxe da detención dun home en relación de un delito de violencia de xénero contra a súa parella.

Por parte de Axentes do Grupo de VIOXEN da Policía Autonómica de Ourense, procederon a detención dun varón de 40 anos, por incumprir unha condena que lle prohibía comunicarse e aproximarse a súa parella da cal tiña unha orde de alonxamento.

A detención produciuse cando a vítima chamou por teléfono ao Policía encargado da súa protección, informando de que a súa ex parella estaba comunicándose con ela decindolle que tiña que ir a recoller uns enseres personais. Deseguido estableceuse un dispositivo para a localización do mesmo, sendo interceptado nas inmediacións do domicilio da vítima, procedendo de inmediato a súa detención.

Este home xa fora condeado a 6 meses de prisión por outro quebrantamento no mes de maio, quedando en suspenso o cumprimento da pena a condición de que non se achegara a ex parella durante 3 anos, entre outras medidas.

Foron tramitadas dilixencias na Comisaria Provincial da Policía Nacional de Ourense. Actualmente a Policía Autonómica ten asignada a protección dun total de 219 vítimas de Violencia de Xénero.

Te puede interesar