Detido un veciño de Cea por causar lume cos fogos artificiais

Un veciño de San Cristovo de Cea foi detido pola Policía Autonómica da Xefatura Provincial de Ourense como presunto autor dun incendio forestal no seu municipio a consecuentia do lanzamento de fogos voadores durante unha celebración.
O lume que se lle imputa iniciouse durante a madrugada do pasado 23 de setembro como consecuencia da utilización de artefactos pirotécnicos, segundo informa a Policía Autonómica: sen ter en conta as medidas de precaución debidas.

Como resultado desta suposta neglixencia arderon 2.500 metros cadrados de monte raso, polo que se precisou a intervención dos Servizos de Extinción de Incendios da Xunta.

Por estes feitos, apuntan fontes da Administración autonómica que foron tramitadas as correspondentes dilixencias e que foron remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución en Funcións de Garda do Carballiño.

A Policía Autonómica xa leva detido cento cinco persoas no que vai de ano por delitos relacionados con incendios forestais en distintos municipios do ámbito galego.

Te puede interesar