A distribuidora de Naturgy investiu 11 millóns en Ourense

O investimento centrouse especialmente en núcleos do rural
A distribuidora eléctrica de Naturgy, UFD, investiu este ano preto de 11 millóns de euros na mellora de infraestruturas e suministro da rede na provincia. En concreto, a compañía eléctrica destinou cerca de 700.000 euros en varias actuacións e obras de mellora de instalacións eléctricas en media e baixa tensión en municipios da provincia, centrándose especialmente en núcleos do rural. Ademais, a distribuidora priorizou varias actuacións para mellorar a calidade do suministro eléctrico en Ourense e na súa área metropolitana. Por exemplo, reforzou a rede de baixa tensión en Santa Marta, no concello de San Cibrao das Viñas, ou en Valdolide e Vilar de Astrés, en Ourense.

Te puede interesar