Un documental para a figura do poeta Bernárdez

<p></p>
photo_camera O cineasta, Xan Leira, na presentación do seu traballo sobre Bernárdez.

O director Xan Leira explica a obra e a vida deste autor de Maside, nado en Bos Aires

O primer contacto de Xan Leira co poeta ourensan Francisco Luís Bernárdez, nado en Bos Aires no ano 1900, foi na sua xuventude, alá polos anos sesenta, “cando nas habitacións dos xovenes competían os pósters dos Beatles con outro dun poema de Bernárdez, que a mín me pareceu meloso e logo souben tamén que era un home moi relixioso”, segundo explicou o director do documental "Francisco Luis Bernárdez", que se proxectara hoxe, ás 20,30 horas, no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

Segundo contou Leira, "anos despois, xa en España, facendo traballos sobre o exilio fun descubrindo ao verdadeiro Francisco Luís Bernárdez, o home que retornou en 1920 a Galicia, implicouse na defensa do galego e integrouse nos movementos da intelectualidade que funcionaba en Ourense naqueles momentos, como as Irmandades da Fala ou Nós".

A obra, engadiu o director, “está enfocada a explicar a vida dun home de dúas patrias e dúas posición ideolóxicas ben distintas, xa que en Galicia defendía o galeguismo e o progresismo e, dende Bos Aires, chegou a aliñarse co levantamento de Franco na guerra civil, debido á defensa da Igrexa que facían os sublevados, Luís Seoane convenceuno para que se situase no carril axeitado".

Te puede interesar