REHABILITACIÓN CENTROS EDUCATIVOS

Dous colexios ourensáns, máis preto do desenvolvemento sostible

110118 eficiencia ceip Seixalbo_result
photo_camera O alcalde de Ourense e a delegada territorial da Xunta na visita deste xoves ó CEIP de Seixalbo.

Este mes remataranse as obras de rehabilitación no CEIP de Seixalbo e no CPI Antonio Faílde

A delegada territorial en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, estivo este xoves visitando o CEIP de Seixalbo, que xunto co CPI Antonio Faílde de Coles, finalizarán este mes as obras de rehabilitación enerxética e funcional que comezaron uns meses atrás. Este plan de mellora está dotado cuns 790.000 euros cofinanciados con fondos FEDER.

A máxima representante do Goberno galego na provincia estivo acompañada polo alcalde da cidade, Jesús Vázquez, e da xefa territorial do departamento autonómico, Luz Fernández.

Os traballos realizados nestes dous colexios consistiron no illamento da fachada e da cuberta e revisión do sistema de calefación, substitución de luminarias antigas por outras de alta eficiencia enerxética, e rehabilitación dos vestiarios dos ximnasios. Estas obras supuxeron un custe total de máis de 360.000 euros.

O obxectivo deste acondicionamento e obter o máximo aforro enerxético e conseguir así un modelo de desenvolvemento sostible. Ademais, "con estas actuacións a Consellería dá cumprimento á Estratexia Europea 2020 e á Estratexia de aforro e eficiencia enerxética no sector público para o período 2015-2020, na que a xunta de Galicia é pioneira entre o conxunto de administracións públicas", indicou a delegada territorial.

Neste exercicio, realizaranse máis obras en outros dous centros da provincia

Te puede interesar