Os ecoloxistas carballiñeses lamentan a morte de ovellas

Unha empresa adicada á xestón do tratamento de residuos de animais procedeu onte á retirada das 30 ovellas e cordeiros que apareceron mortos o pasado venres nunha finca da parroquia de Sagra, no Carballiño, tra-lo ataque de cans soltos. Según as impresións dos investigadores (Serprona e Policía Loca) barállase que os cans (entre tres e catro) fosen levados ata o lugar para un 'entrenamento' de caza maior, aínda que os veciños da zona non descartan que se tratase de cans asilvestrados.
Sobre esta masacre, Juan José Álvarez, directivo do grupo de acción ecoloxista Outeiro, manifestou que 'é evidente que as mortes foron provocadas por cans e non por lobos, xa que na comarca do Carballiño xa hai moitas décadas que esta especie desapareceu'. Asemade, apuntou que 'un tanto por cento moi elevado de ataques a reses na provincia de Ourense está feito por cans adestrados para a caza maior, e por elo, o lobo queda descartado'.

Os ecoloxistas de 'Outeiro' están a colaborar coas dilixencias abertas polo Serprona e a Policía Local, a fin de tentar esclarecer a matanza das reses ovinas. Así, manteñen como hipótese máis probable que os cans que atacaron o gando foran trasladados ata Sagra, xa que o xoves foi avistado alí un vehículos todoterreno cun remolque dos utilizados para este tipo de transporte.

Te puede interesar