Os ecoloxistas de Coto do Frade rexeitan unha incineradora

O grupo ecoloxista Coto do Frade oponse a que a planta incineradora de residuos proxectada polo Goberno autonómico para o sur de Galicia se ubique en Cortegada nin en ningún outro concello do Ribeiro. 'O rexidor municipal pretende co seu equipo técnico valorar mediambientalmente a ubicación exacta e estudar se lle interesa ó Concello. A obsesión socialista por albergar toda a merda das provincias de Ourense e Pontevedra no Ribeiro comeza a ser un problema que vai máis aló do meramente anecdótico', manifestaron os ecoloxistas.
Nese senso, recordan que xa o anterior bipartito pretendía crear un parque ambiental en Carballeda de Avia para 'acoller baixo o capote da reciclaxe gran parte dos residuos urbanos das dúas provincias', sinalaron.

Dende Coto do Frade consideran 'inaceptábel esta posibilidade, posicionándonos totalmente en contra da incineración dos residuos así como da centralización dos mesmos', sentenciaron.

O rexidor de Cortegada, Avelino de Francisco, asegurou descoñecer o proxecto, insistindo en que ninguén lle plantexou a ubicación no seu municipio. 'Si se presentara a ocasión habería que analizalo porque temos unha depresión socio-económica moi forte e hai que estudiar tódalas posibilidades para ver se son boas', puntualizou, insistiendo en que 'tampouco me ofrecín para que se pense en Cortegada para a súa ubicación'.

Te puede interesar