A primeira ourensá de 2013 chegou puntual para a hora do xantar. Elena Antero, filla de veciños da cidade, deixou que os seus pais comeran as uvas para nacer. Fíxoo 16 horas despois de Hugo, o último do ano que xa vai fóra.

Elena permitiu comer as uvas

Elena Antero, filla de veciños da cidade, deixou que os seus pais comeran as uvas para nacer.
Faltan aínda uns días para a chegada dos Reis Magos, pero algúns recibiron por anticipado o mellor dos agasallos: a vida. A primeira ourensá do ano 2013 fíxose de rogar, pero chegou puntual para o xantar. Elena Antero Gonçalves tivo consideración dos seus pais e agardou a que as uvas de Fin de Ano estiveran tomadas e ben asentadas para chamar polo seu nacemento. Ás catro da mañá comezou o parto, natural -en tempo e forma-, que concluíu satisfactoriamente por volta da unha do mediodía.
A nai, Lucía Gonçalves e o pai, Pablo Antero, -ámbolos dous veciños da cidade- recibiron deste xeito ó seu primeiro fillo, que chegou sen ningún tipo de problema e cun peso de 2,960 kilos. 'Tiña que nacer entre final e principio de ano', explicaba o seu proxenitor, pero Elena optou pola segunda opción. Aínda que 'foron moitas horas, todo estivo moi ben programado', de xeito que se tornou 'imposible un regalo de Reis mellor'.

Onte pola tarde, con tan só unhas horas de vida, a pequena recibía a visita dos familiares e amigos devecendo por coñecela, mentres que a súa nai permanecía aínda cansa e recuperándose do longo parto. Poucas dúbidas había respecto do seu nacemento, máis que se 'chamarlle Elena con 'h' ou sen ela'.

Elena Antero chegou á cidade 16 horas e media máis tarde que o último nacido na provincia en 2012, Hugo Estévez Cabido; segundo fillo da parella formada pola ourensá Manuela Cabido e o vigués Víctor Estévez, residentes na cidade olívica e que se atopaban en Ourense pasando as festas coa familia dela. A nai saía de contas esta semana, pero Hugo chegou puntual tras dúas horas de parto -natural pero con epidural- cos seus 3,500 kilos de peso, rubio e moi tranquilo, tanto que 'non esperta nin para comer', bromeaba Manuela Cabido.

Te puede interesar