CULTURA

Elsa Punset e Javier Rioyo inauguran este martes a ICC Week

unnamed
photo_camera Elsa Punset y Javier Rioyo

A apertura desta semana adicada ás industrias culturais e creativas terá lugar mañá martes 2 de maio ás 18h00 no Centro Cultural Marcos Valcárcel

Mañá comeza terceira edición da Ourense ICC Week. Ata o 7 de maio, Ourense será o epicentro da cultura, creatividade, audiovisual, música, novas tecnoloxías, gastronomía e as tendencias dixitais. O evento reunirá a uns 40 ponentes de diversos campos que participarán nas case 120 horas de actividade que ofrece o evento.

A xornada inaugural desta edición contará con Elsa Punset, Javier Rioyo como convidados especiais. Presentados por José Manuel Baltar, ambos exporán a súa visión sobre a cultura e a creatividade como valor nos territorios ás 18h00 no Centro Cultural Marcos Valcárcel (Ourense) nun encontro que xa ten todas as súas entradas esgotadas.

Ao remate, Depedro ofrecerá un concerto ás 21h00 no Teatro Principal de Ourense para presentar o seu último traballo, "El Pasajero". Con este proxecto musical en solitario, Jairo Zavala ofreceralle ao público un traballo sorprendente pola súa propia linguaxe sonora e literaria, tan sinxelo coma cheo de sons. 

Te puede interesar