ÁREA METROPOLITANA

Unha empresa desbrozará os núcleos de Barbadás

O obxectivo é limpar as faixas de protección para frear os incendios 

O Concello de Barbadás destinará cerca de 96.000 euros para a limpeza e roza dos núcleos rurais, estradas e terreos públicos do municipio tanto de xeito manual como mecanizado. A xunta de goberno local aprobou a apertura do procedemento aberto para a súa contratación por concurso público. O prazo de execución dos traballos será de dous anos de duración desde a sinatura do contrato. Anteriormente, estes traballos víñanse facendo con persoal contratado para tal fin. Agora, o Concello contratará a unha empresa para que se encargue de poñer as brigadas para as rozas en camiños, solo públicos, parques, fontes e todas as propiedades públicas. Nas propiedades privadas seguirá tendo o dono a responsabilidade de manter as faixas de protección coas casas.  

Te puede interesar