OURENSE

Encontros no Campus para destacar as paisaxes

Crear "un espazo de diálogo e debate no que xurdan novas ideas sobre a defensa patrimonial"

Crear "un espazo de diálogo e debate no que xurdan novas ideas sobre a defensa patrimonial". Con ese obxectivo nacen os encontros interpatrimoniais, postos en marcha por iniciativa do Máster en valoración, xestión e protección do patrimonio cultural da Facultade de Historia en colaboración coa Escola de Enxeñaría de Minas e a Superior de Conservación e Restauración. Será un escenario no que, a través da confrontación de perspectivas con outros colectivos e e entidades, "saiamos do ámbito máis académico e ampliemos a nosa visión", asegura Beatriz Comendador, profesora e coordinadora deste mestrado.

A primeira cita dos Encontros Interpatrimoniais será hoxe no local de Escua no Museo do Barrio de Ourense. Alí, a partir das 19.30 horas, o arqueólogo Xurxo Ayán ofrecerá unha charla-coloquio sobre Patrimonios da Humanidade de Galicia?, un recorrido por paisaxes míticas, políticas oportunistas e comunidades subalternas, a través deste investigador e docente posdoutoral da Universidade do País Vasco.

Te puede interesar