As escolas católicas volven festexar o galego en Ourense

Tralo éxito rexistrado na edición do ano pasado, a Federación de Escolas Católicas de Galicia volve escoller Ourense como centro de celebración da Festa da Lingua.
Máis de medio milleiro de mozos dos colexios Miraflores, Salesianos, Josefinas, Carmelitas, Maristas, Divina Pastora e Sagrado Corazón do Carballiño reuniranse mañá, mércores, no Auditorio Municipal. Alí participarán en diferentes actividades lúdicas. Presentaron o programa a concelleira de Educación, Ana Garrido; a coordinadora dos equipos de normalización, Reme Forneiro; o representante da Federación de Escolas Católicas, Irmán Reboiras, e Manoli Maceda, da Xunta.

Te puede interesar