Área metropolitana

Esgos e Xunqueira poñen fin ao problema das lindes

Os municipios de Esgos e Xunqueira de Espadanedo resolveron un histórico conflito de lindes no núcleo de Pardeconde, selando un acordo que permite reparar os problemas da división administrativa entre ambos municipios. A aldea de Pardeconde, que exerce de fronteria entre ambos os municipios, tiña algunhas casas que figuraban por un erro desde o 2000 na parte de Esgos, malia que tanto no saneamento e noutros servizos dependentes de Xunqueira.

Tanto o Concello de Esgos como o Concello Xunqueira de Espadanedo resolveron o problema tras o levantamento dunha acta do deslinde en presenza dos alcaldes de ambos concellos, o de Esgos, Mario González, e o de Xunqueira de Espadanedo, Carlos Gómez, concelleiros, secretarias e testigos. Quedan así regularizadas unha serie de vivendas situadas no Concello de Xunqueira, que por erro figuraban no de Esgos.

Trala revisión catastral, detectárase que seis casas estaban no concello incorrecto, e agora volven á normalidade. A aldea de Pardeconde está dividida en dous municipios, separados por un regato, malia que comparten parroquia. 

Te puede interesar