Estudan crear un polígono forestal en San Cibrao

A Xunta e o municipio de San Cibrao das Viñas avaliarán a implementación dun polígono agroforestal na localidade no marco da Lei de Recuperación da terra agraria de Galicia. Así o acordaron o conselleiro de Medio Rural, José González, e o alcalde do municipio, Pedro Fernández. Na reunión tamén participaron a tenente de alcalde, Marta Nóvoa; a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, e o director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez.

Tal e como reflicte a solicitude municipal, o polígono agroforestal é “a figura idónea” para pór en valor unha área da zona de reestruturación parcelaria de Soutopenedo, actualmente en estado de abandono, unha das zonas preferentes para o desenvolvemento de polígonos agroforestais. Engaden ademais que os polígonos son “un dos instrumentos principais contemplados na nova norma para recuperar grandes superficies de terreo”. “Trátase dunha ferramenta concibida para crear nova actividade económica no rural, contribuíndo á xeración de riqueza e á fixación de poboación, á vez que se avanza na anticipación aos incendios forestais”, explican.

Para avaliar a “idoneidade” da implantación deste polígono agroforestal en Soutopenedo está previsto que técnicos da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural se despracen á zona para realizar medicións. 

Te puede interesar