PROYECTO SOLIDARIO

Estudantes crearán hortas para as persoas sen recursos

<p></p>
photo_camera Jesús Vázquez, Cecilia Vázquez, Sofía Godoy, Marisol Díaz e Rebeca Carreiro.

A iniciativa do Concello de Ourense e da Xunta desenvolverase en once días de agosto con 20 mozos 

Chámase"Un rural para tod@s" pero é, en realidade, un campo de traballo internacional que chega a Ourense entre os días 1 e 11 de agosto. Trátase dun proxecto piloto que promove o Concello de Ourense -coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude, participación Social e Voluntariado e a organización de Sustinea- para recuperar fincas abandonadas do entramado urbano e destinalas ao sustento de familias en risco de exclusión social. "Son boas noticias", dixo na presentación o alcalde Jesús Vázquez, porque actividades coma esta son as que dinamizan as políticas sociais e ambientais, cuestións ambas das que sempre debemos estar preocupados".

Coa participarán 20 mozos e mozas de países de todo o mundo e con carácter voluntario, acondicionaranse doctor Fléming- para o seu uso agro ecolóxico, incluíndo a dotación de elementos de apoio para as parcelas, coma un pequeno pendello para almacenaxe e un invernadoiro, o deseño de hortas e a plantación de verduras de outono-inverno. Tamén realizarán actividades de formación e asesoramento na comercialización de produtos agrícolas.

Cecilia Vázquez , directora xeral de Xuventude, destacou que "os campos de traballo contribúen á difusión de valores como a participación, a solidariedade, o coñecemento do contorno e o traballo en equipo entre os participantes, o que vén sendo a educación non formal", dixo. E haberá tamén tempo para o lecer con visitas ás termas, xogos e visitas guiadas pola cidade para os integrantes do campo de traballo.

A segunda fase, rematado o campo de traballo, será a de carácter de inclusión social. Rebeca Carreiro, coordinadora de actividades de Sustinea, destacou que os hortos acondicionados polos voluntarios do campo de traballo serán destinados a familias con risco de exclusión social "para o seu consumo propio e despois para a comercialización destes produtos".

Te puede interesar