Unha exposición do fotógrafo David Zamorano rende homenaxe ao río Sil

O fotógrafo ponferradino David Zamorano, inaugurou hoxe a súa exposición ‘Pasos e pontes sobre o río Sil’, na que este autor, a través de 130 imaxes, reflicte o percorrido do Sil a través dos pasos e pontes que se tenden sobre o seu nacemento, nas inmediación da Cueta, até o seu encontro co Miño nos Peares.
A exposición, que se pode ver na Casa da Cultura de Ponferrada ata o vindeiro 12, abarca o cauce do Sil ao longo de 200 kilómetros sobre os que se levantan gran diversidade de pontes e pasos. Dende os máis modernos, como o do Centenario de Ponferrada, aos máis antigos, como os que se atopan na zona da Cueta, destacando o da Cigarrona, na rúa Petín.

Os máis antigos foron construídos para o paso de gando e carros. Entre os máis actuais, infraestruturas para vehículos e para trens, hai que sinalar tamén o de Villaseca de Laciana, o de Palacios do Sil e o dos Peares. O presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Fernández Liñares, acudiu a apoiar a exposición de Zamorano.

Te puede interesar