A exposición itinerante “Mujeres Españolas” chega ao CIM de Santa Águeda

Imaxe da exposición no CIM de Santa Águeda.
photo_camera Imaxe da exposición no CIM de Santa Águeda.

O Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade de Santa Águeda, situado en Vilamarín acolle estes días a exposición “Mujeres Españolas”, nacida da colaboración entre a revista Yo Dona e o Instituto das Mulleres, a partir dunhas reportaxes publicadas pola revista en 2010.

Estas reportaxes pretenden ofrecer unha imaxe de diversas mulleres, de diferentes procedencias e que residen en lugares distintos. Así, fórmase unha especie de paisaxe repleto de figuras femininas españolas. Con isto, a través das reportaxes realizadas por xornalistas ou escritoras como Inma Chacón ou Carme Chaparro pretende realizar unha aproximación sobre a realidade da muller en todos os ámbitos. Estas reportaxes foron realizadas pola xornalista e un fotógrafo, que conviviron durante cinco días coas protagonistas das reportaxes.

A directora do CIM, María José Rois, celebrou a chegada desta exposición itinerante, que permanecerá no local de Vilamarín ata o vindeiro día 26 de outubro. Anima á veciñanza “a visitar esta interesante exposición, aínda máis co gallo de que hoxe é o día da muller rural”.

Outras actividades

Rois recordou ademais que, o día 25 deste mes, o CIM da Mancomunidade de Santa Águeda celebrará unha mesa na que abordarán a problemática da violencia de xénero. Tamén lembrou que este centro ofrece asessoramento xurídico, psicolóxico e social a toda aquela muller que o precise.

Te puede interesar