Extinguido un incendio que afectou a unhas 20 hectáreas de monte en Vilariño de Conso

Un incendio forestal rexistrado no termo municipal de Vilariño de Conso quedou extinguido ás 2.00 horas deste luns tras afectar a unhas 20 hectáreas de monte raso.


Segundo informa a Consellería do Medio Rural e do Mar, o lume comezou ás 18.09 horas do domingo na parroquia de Sabuguido e quedou extinguido ás 2.00 horas deste luns.

As estimacións provisionais apuntadas por medio Rural, que se confirmarán tras o parametrizado, sitúan a superficie afectada nunhas 20 hectáreas de monte raso.

Nos labores de extinción participaron tres axentes forestais, catro brigadas e unha motobomba.

Te puede interesar