Extinguido un incendio que queimou 5 hectáreas en Nogueira de Ramuín

Un incendio que comezou a última hora deste venres quedou extinguido na madrugada deste sábado tras queimar 5 hectáreas en Nogueira de Ramuín (Ourense).
As lapas iniciáronse en torno ás 23.40 horas do venres, na parroquia de Ferreda, en Nogueira de Ramuín, e quedaron extinguidas ás 5.10 horas do sábado. Quedou afectada unha superficie de 5 hectáreas de monte raso, segundo as primeiras estimacións.

Para apagar o lume interviñeron un axente, tres brigadas e dúas motobombas, segundo indicaron fontes da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Te puede interesar