A familia de José Couso ve posible reabrir a causa, quince anos despois

efe
photo_camera O reporteiro José Couso.

O reporteiro de Telecinco faleceu por un ataque estadounidense contra o hotel onde se hospedaba a prensa internacional en Bagdad, durante a guerra de Iraq. O seu irmán ve posibilidades de esclarecer a súa morte 

A familia de José Couso, o cámara asasinado na guerra de Iraq hai quince anos, ve posibilidades de reabrir a causa do reporteiro despois de que o Congreso dese hoxe outro paso máis para recuperar a xustiza universal e lamentou que o PP siga na liña da "impunidade".

É a percepción que ten o irmán do cámara, David Couso, segundo contou a EFE, unha vez que o Congreso rexeitou a emenda á totalidade do PP á proposición de lei de ERC para recuperar a Xustiza Universal, que rexeitaron os socialistas, Unidos Podemos, Cidadáns e o PNV.

Arquivada a causa da morte de José Couso por mor da reforma da lei relativa á Xustiza Universal, en 2014, o seu irmán confía en acadar agora que esta se derrogue no trámite parlamentario que se abre a partir deste momento.


A súa morte


O oito de abril de 2003, José Couso atopábase no hotel Palestina co seu compañeiro Jon Sistiaga, gravando o ataque das tropas estadounidenses á cidade de Bagdad. Os dous reporteiros cubrían para Telecinco a guerra de Iraq e hospedábanse neste lugar, como o resto da prensa internacional. 

Sistiaga explica no seu libro "Ninguna guerra se parece a otra" que esa mañá espertaron co ruído de misiles caendo sobre a cidade. Rapidamente, dirixíronse a terraza da súa suite, dende onde tiñan unha vista perfecta dos tanques norteamericanos ao outro lado do río Tigris. Couso comezou a gravar, percibiu que o cañón dun tanque apuntaban cara o hotel e avisou ao seu compañeiro. Sistiaga, dende lonxe, non tivo tempo para pensar e o seguinte que recorda é a explosión do obús e o seu amigo no chan, ferido de gravidade. 

O impacto afectou á planta 14, onde se hospedaban Couso e Sistiaga, e tamén ao piso superior, onde un cámara da axencia de Reuters correu a mesma sorte co ferrolano. Ambos foron traslados polos seus compañeiros a un hospital cristián da cidade, pero non saíron con vida. José Couso sobrevivu a mesa de operacións, pero morreu pouco despois dun paro cardíaco, rodeado de xornalistas amigos.

Durante os seguintes días, as mensaxes do Pentágono sinalaron que os xornalistas xa sabían que estaban nunha guerra, e que nunha guerra é posible morrer durante un ataque. Porén, os responsables das tropas de ambos bandos sabían que o Hotel Palestina era o lugar onde se hospedaba a prensa internacional, e que polo tanto estaba amparado baixo leis internacionais. 

Te puede interesar