Ourense

Feijóo: "O voto ao PP é a gobernos que gobernan"

Ourense

municipais

Feijóo: "O voto ao PP é a gobernos que gobernan"

Alberto Núñez Feijóo estivo acompañado por Marisol Díaz, Manuel Baltar ou Miguel Santalices. (XESÚS FARIÑAS)
photo_cameraAlberto Núñez Feijóo estivo acompañado por Marisol Díaz, Manuel Baltar ou Miguel Santalices. (XESÚS FARIÑAS)

Os populares trasladaron a mensaxe do "voto útil" nos mitines de Maceda e San Cibrao

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pide unir o voto no Partido Popular para que unha maioría teña alcaldes que se deba unicamente aos seus veciños e non aos seus socios. Feijóo, que participou este martes nos mítines de Maceda e San Cibrao das Viñas, fixo fincapé en "non dividir o voto en diferentes partidos nin quedando na casa sen ir a votar, xa que de facelo perderán todos os veciños que preferían un alcalde do PP, en lugar do que saia da suma de nacionalistas, populistas e socialistas". Indica que só hai unha maneira de gañar as eleccións e é unindo o voto no Partido Popular, para así ter, ademais, gobernos con programa e que crean na xestión. E é que, tal e como incidiu, "votar ao PP é ter a certeza de que o voto acaba en gobernos que gobernen, unidos e comprometidos co seu concello".

De cara as Municipais, Feijóo salientou que se pode cambiar o resultado do 28 de abril e convertelo en vitoria electoral. Subliñou que o próximo 26 de maio non se escolle simplemente un partido, unha ideoloxía ou unhas siglas, "senón ao veciño que máis escoita e resolve, co que nos identificamos máis, o que nos representará mellor, o que ten máis proxectos e máis ganas para levalos adiante, que ten o equipo máis preparado e con máis capacidade para xestionar e gobernar". 

"En definitiva, o veciño ao que lle deixaríamos a chave da nosa casa", recalcou. Neste senso, subliñou que" só hai un xeito para que o 27 de maio o alcalde do noso concello sexa do Partido Popular: votando directamente ao PP". 

Más en Ourense