ACCIDENTE LABORAL

Ferido grave un operario mentres descargaba un camión en San Cristovo de Cea

O suceso aconteceu sobre as 9.20 horas na rúa Calvo Sotelo da localidade

Un operario resultou ferido grave este xoves no concello ourensano de San Cristovo de Cea mentres descargaba un camión para a empresa na que traballa, situada na rúa Calvo Sotelo.

Segundo informou a Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso aconteceu sobre as 9.20 horas, mentres o operario se atopaba descargando o camión.

Debido ás "importantes lesións" sufridas polo home, foi mobilizado o helicóptero sanitario do 061 con base en Ourense, que trasladou ao traballador ao Hospital Cristal Piñor.

 

Te puede interesar