día das letras

"Unha festa galega nas rúas" de Ourense

photo_camera Celebración na cidade dunha anterior edición das Letras Galegas.

Na programación destaca a "ciclobiblioteca" de Anxo Moure, que permitirá que os máis pequenos descubran os libros de María Victoria Moreno, a homenaxeada

"Unha festa galega nas rúas" de Ourense polo Día das Letras Galegas, adicado este ano á figura da profesora e escritora María Victoria Moreno. A Concellería de Cultura do Concello presentou este xonves unha variada programación para toda a xornada do xoves.

Na rúa do Paseo haberá unha "ciclobiblioteca" de Anxo Moure durante todo o día, unha actividade que funcionará como biblioteca móbil para que os máis pequenos descubran os libros de María Victoria Moreno. Ás 11,30 horas a Sala Valente acollerá o espectáculo "Cantamos un conto?", guiado por Luis Vallecillo e a súa banda. 

A partir das 12,30 horas, na mesma rúa, á altura da Sala Valente, haberá un concerto homenaxe a súa figura, protagonizado polo grupo Sonoro Maxín e baixo o título de "Victoria da Luz".

diadasletras

Te puede interesar