Festas en Ourense

Festas de Esgos 2023: programa completo dos 5 días de celebración

Os veciños de Esgos poderán desfrutar dunhas xornadas festivas no concello.
photo_camera Os veciños de Esgos poderán desfrutar dunhas xornadas festivas no concello.

Este venres comezan as celebracións en Esgos na honra a San Vítores que terán lugar ata o luns 28 cun programa variado e amplio. Unha Festa do Emigrante na que non falta a festa do arroz con leite

 

As festas patronais en honra a San Vitores que celebran no concello de Esgos. Durante os días 24 ao 28 de agosto, todos aqueles que se acheguen ata as festas poderán gozar de diversas actividades; actos relixiosos, eventos deportivos, concertos, actividades deportivas…

Xoves 24 de agosto

No día de inicio das festas en honra a San Vítores no concello de Esgos, que comezará ás 20,00 horas coa XVII Festa do Arroz con Leite, amenizada pola charanga Os Caliqueños.

Venres 25 de agosto

Dará comezo o día ás 11,00 horas co concurso de debuxo infantil. Pola tarde, ás 17,00 horas, DJ Tison estará nas piscinas municipais, lugado onde desde as 17,30 horas disputarase o Campionato de Natación. A nova edición do Festival Rock Home do Unto contará coas actuacións de Sanny ás 19,00 horas e de Tranquila Soy Socorrista ás 20,00 horas. Ás 00,00 horas comezarán as actuación de: The Teta S´Van, Raperios Sen Fronteras e DJ Sandin.

Sábado 26 de agosto

A xornada comezará ás 10,00 horas co pasarúas dos gaiteiros Airiños de Caldelas e ás 11,00 horas terá lugar o Campionato Xinkana Ciclista Infantil. Ás 12,00 horas oficiarase a misa solemne seguida de procesión, coa actuación da Coral Camareta Auriense. Pola tarde, ás 15,00 horas, disputarase o Campionato de Tute e ás 17,00 horas comezarán as actividades infantís. Ás 18,00 horas haberá pasarúas coa charanga BCB e ás 18,30 horas comezarán as Olimpiadas Rurais. A verbena deste día terá lugar a partir das 00,30 horas e estará amenizada por orquestra Fuego.

Domingo 27 de agosto

Ás 12,00 horas oficiarase a misa solemne en honra ao Santo, coa Banda de Gaitas de Esgos. Ás 13,00 horas a orquestra Estrellamar animará a sesión vermú. Chegada a tarde, ás 18,00 horas, os máis pequenos gozarán cun espectáculo de maxia do mago Roberto Lolo e ás 20,00 horas a citada orquestra Estrellamar será a encargada de amenizar a festa.

Luns 28 de agosto

A última xornada festiva dará inicio ás 10,00 horas co pasarúas dos gaiteiros Airiños de Caldelas. Ás 11,30 horas haberá inchables e festa da escuma. Pola tarde, a partir das 18,00 horas, comezará a guerra do pastel. Ás 20,30 horas levará a cabo a entrega de premios e ás 21,30 horas dará inicio a verbena coa orquestra La Oca Band. Para poñer o broche final a estas festas, ás 03,00 horas, os asistentes poderán gozar dunha gran chocolatada con bica.

Te puede interesar