O Festival Ribeira Sacra perfila a súa edición 17, a máis íntima

Concierto de Mounqup nunha edición anterior do 17 Ribeira Sacra.
photo_camera Concierto de Mounqup nunha edición anterior do 17 Ribeira Sacra.
Xoel López e Guadi Galego encabezan o cartel deste ano, que arranca mañá blindado ante o covid

 O evento que máis ensalza o valor patrimonial e paisaxístico da Ribeira Sacra regresará, malia as dificultades atravesadas, este venres, día 31 de xullo. O Ribeira Sacra Festival estará suxeito a todas as medidas de seguridade necesarias por mor da pandemia do covid, pero fará disfrutar a todos os asistentes -as entradas están esgotadas dende hai varios meses- con concertos, visitas guiadas ou catas. 

Este ano creouse unha edición máis reducida e de menor formato, o que obrigou a reducir abonos e espazos

A música en directo é un dos grandes eixos no que se enmarca o 17° Ribeira Sacra Festival. Neste senso, haberá un novo espazo: o Eurostars Pazo de Sober. Xoel López presentará temas do seu décimo quinto traballo, do que xa se coñecen adiantos como 'Tigre de bengala'. Trátase dun disco no que o artista dá renda solta por completo á súa imaxinación. Por outro lado, a voz emocionante de Ele soará na Ribeira Sacra, mentres que Guadi Galego fará unha viaxe ao seu interior da man de "Immersión", un álbum grabado con invitados como Iván Ferreiro, que xa gozou da experiencia 17º na primeira edición.

Programación

A oferta musical completarase con outras propostas como a dos portugueses Cassete Pirata, ou Momboi, cun estilo moi persoal que mestura cumbia e rumba con melodías jazz e funk. A nota de cor correrá a cargo de Elba, con sons pop moi frescos e próximos á electrónica, de onde tamén beben Laura LaMontagne & PicoAmperio, de maneira máis íntima e movéndose desde os loops á tradición galego-portuguesa das cantigas de amigo. Best Boy aterrará no festival coas súas cancións folk-pop. Repetirase a experiencia dun concerto sorpresa. 

Para este ano creouse unha edición máis reducida e de menor formato, o que obrigou a reducir os abonos e os espazos de celebración. O evento está suxeito a todas as medidas preventivas e recomendacións que vaian actualizándose por parte das autoridades.Visitas, actividades vinícolas e catas

Nesta cuarta edición do Ribeira Sacra Festival haberá, ademais de moita música, unha quenda para as degustacións e catas vinícolas, así como para realizar excursións aos entornos máis senlleiros da contorna-adegas, miradoiros e catamaráns-: dende unha visita guiada pola Reitoral de Gundivós, na que se mesturarán o viño e unha mostra da fabricación da olería da man de Elías González, ou un roteiro polos Muíños do Xabrega. Tamén haberá varias actividades vinícolas, como unha degustación musicada en Regina Viarum ou unha cata homenaxe a Galicia en Vía Romana. Trátase de iniciativas pensadas para descubrir a esencia e o bo da Ribeira Sacra. A organización pretende, deste xeito, colaborar na recuperación turística e social do territorio a través dun formato diurno e co feito de que os participantes poidan estar en espazos de gran beleza paisaxística. 

Te puede interesar