Programa das festas de Loña do Monte: horarios, actuacións e eventos

Ermida da Virxe do Monte, onde se celebrarán as misas solemnes.
photo_camera Ermida da Virxe do Monte, onde se celebrarán as misas solemnes.
As festas patronais en honra a Virxe do Monte e a San Roque serán os días 13, 15, 18, 19 e 20 de agosto

En Loña do Monte terán as súas festas patronais en honra a Virxe do Monte e a San Roque, os días 13, 15, 18, 19 e 20 de agosto. San Salvador de Loña do Monte é unha parroquia eclesiástica galega do arciprestado dos Milagres da diocese de Ourense, que ten as súas terras e os seus lugares repartidos entre dous concellos, o de Nogueira de Ramuín e o de Esgos. 

Domingo 13

Pola mañá misa solemne e posterior subida a ermida de Virxe do Monte con sesión vermú.

Martes 15

Romaría e xantar campestre na ermida da Virxe do Monte (Servizo de bar,  pulpo e churrasco). Misa procesión e tirada pirotécnica. Sesión Disco Bar ás 23,00 horas co Dj Diego Villi.

Venres 18

Ás 00,00 horas  terá lugar unha sesión co Dj  Albert Masid.

Sábado 19

De 20,30 horas a 22,30 horas e de 00,00 horas a 01,00 horas haberá  unha actuación co grupo Café Olé. Ás 01,00 horas  tocará  o grupo Gin Toni´s. Queimada  Tradicional Ribeira Sacra a cargo do Druida “Ros” coa Sesión Disco Bar.

Domingo 20

Ás 17,00 horas a 20,00 horas haberán atraccións infantís. Ás 21,00 horas  a 00,00 horas a orquestra Yukatán. Ás 00,00 horas, gran chocolatada  con animación Disco Bar.

Tamén a xente poderá participar nos numerosos sorteos que se farán entre os días 18, 19 e 20 de agosto. Ás 23,00 horas daranse os premios, con máis de 1.500 euros repartidos en máis de 25 premios. 

Os sorteos

-Estancias en hoteis recoñecidos.

-Comidas e ceas en restaurantes da zona e da cidade en Ourense.

-Cheques de combustible.

-Cruceiros en catamarán polo Cañon do Sil.

-Electrodomésticos.

-Bonos de aparcamento gratis na cidade de Ourense.

-Produtos gourmet da Nosa Terra.

-500 euros repartidos en cheques en efectivo.

Unhas festas en honra a Virxe do Monte e a San Roque nas que se espera que os veciños de e a xente dos arredores poida acercarse e desfrutar duns días de honra a os seus patróns e da música que haberá para bailar e amenizar a festa.

Te puede interesar